quarta-feira, 3 de março de 2010

Incendio de Ferreirós de 24/08/2008

Arderon 67 hectáreas. O incendio foi intencionado, tivo ata tres focos diferentes. Se foi investigado, nada se sabe nin se publicou das conclusións.
Na imaxes pçodese observar como o lume avanzou a pesar de atoparse coaa estrada comarcal e con outra local, o que da idea das nulas labores de prevención nas marxes destas infraestructuras que xa están feitas e poden servir de perfecto cortalumes.
Mentres a Xunta despilfarra na construcción de centos de pseudocortalumes por todos os montes, que están enchendo os ríos de refugallos que arruinan a fauna acuática.

Cortalumes autóctonos perfectos


Soutos e carballeiras, fixeron unha vez máis de perfectos e gratuitos cortalumes. Evidencia de sentido común , que unha e outra vez as autoridades forestais se negan a recoñecer. O importante é repartir entre as empresas forestais o que se coñece por estas terras como "horas de pala"

Piñeirais abandonados, despilfarro de fondos europeos


Unha gran parte da superficia queimada correspondía a un piñeiral que foi abandonado dende o momento da a súa prantación. Práctica rutinaria no Courel, que supón un gran risco ó introducir especies alleas pirófitas con gran capacidade para espallar os lumes.
A imaxen explica tamén, porque o Courel, os días do lume quedou sen luz e teléfono.

Non había ninguén vixiando dende as casetas correspondentes


Foron os veciños os primeiros en chamar. Ningunha das casetas de vixilancia estaba sendo utilizada, todas sen excepción están abandonadas ou inutilizadas. A parte de dar a voz de alarma estas casetas foron construídas tamén para disuadir óds pirómanos, xa que dominan todo o territorio.
Mentras a Xunta despilfarra grandes sumas en patrullas móbiles que contrata a empresas privadas para patrullar os fondos dos vales.
Na foto, caseta do Piapáxaro pechada en estado ruinoso, cando estaán aínda os resíduos da obra de construcción sen recoller

Desprendemento de ladeira provocados


Foto de Febreiro de 2010
Este gran desprendemento na zonapróxima ó incendio foi provocado por un cortalumes artificial no cumio de Coto, que cambiou o discorrer das augas de escorrentía superficial, a terra desprazouse varis centos de metros ladeira abaixo.
Estes aludes son moi frecuentes ultimamente no Courel pola masiva apertura de pistas e pseudocortalumes que cambian os cursos de auga por zonas non habituais. O alud de Pena Ferreira nos anos oitenta, a raiz da apertura dunha pista, desprazouse dous quilómetros ladeira abaixo, cortou a estrada principal do Courel e desviou o cauce do río Lor.
Este inverno tamén se produciron aludes na pista que discorre polo alto da Rogueira, inundando de escombros parte do bosque.

Incrible restauración hidroloxicoforestal dous anos despois do lume


Con fondos do MInisterio e da Xunta artellouse un proxecto de restauración hidrolóxico forestal consistente na retirada da leña queimada e a plantación de frodosas, proxectadas estas operacións para realizar de xeito manual, ca fin de non molestar a xa avanzadísima restauración natural da terra queimada.

Despois de varios días de operacións manuais, alguén se deu conta que se podía facer máis rápido e económico e aforrando moitos operarios metendo unha escavadora para retirar a leña, todo esto sin estar contemplado no proxecto, entendemos que sin permiso da dirección técnica e do servicio de gardería forestal.

O resultado foi:
- O decapado total da terra fértil vexetal
- O arrincado de todas as uces protexidas, que xa rebrotaran na súa totalidade
- A exposición do terreo á erosión da auga
- o arrastre de masivo de refugallos ata os cursos fluviais
- Un gran impacto visual da superficie desprovista de vexetación.
- Desprotección morte e fuxida da fauna que xa estaba asentada.
-Grave desfertilización e alteración da estructura do solo afectado

Despois de avisar a dirección de obra de Medio Rural, persoal próximo a empresa contratada manifestou o seu profundo malestar pola delacción de SOS Courel.

Foto de Febreiro de 2010

terça-feira, 2 de março de 2010

Parcelas decapadas

5 hectareas destruídas polo buldocer aproximadamente.

Raices de breixoi protexido


Miles de uces protexidas , xa totalmente rebrotadas, sacadas da terra e tiradas polo chan

Boldócers co logo de Medio Rural


Para dar máis credibilidade a destrucción m, faise en nome da Consellería

Orzamento da restauración do incendio


Cando a rexeneración xa se está facendo de xeito expontáneo, chegan os buldócers. 129.000euros de orzamento para 28 Has. Falta o simbolo da Unión Europea