quarta-feira, 3 de março de 2010

Incrible restauración hidroloxicoforestal dous anos despois do lume


Con fondos do MInisterio e da Xunta artellouse un proxecto de restauración hidrolóxico forestal consistente na retirada da leña queimada e a plantación de frodosas, proxectadas estas operacións para realizar de xeito manual, ca fin de non molestar a xa avanzadísima restauración natural da terra queimada.

Despois de varios días de operacións manuais, alguén se deu conta que se podía facer máis rápido e económico e aforrando moitos operarios metendo unha escavadora para retirar a leña, todo esto sin estar contemplado no proxecto, entendemos que sin permiso da dirección técnica e do servicio de gardería forestal.

O resultado foi:
- O decapado total da terra fértil vexetal
- O arrincado de todas as uces protexidas, que xa rebrotaran na súa totalidade
- A exposición do terreo á erosión da auga
- o arrastre de masivo de refugallos ata os cursos fluviais
- Un gran impacto visual da superficie desprovista de vexetación.
- Desprotección morte e fuxida da fauna que xa estaba asentada.
-Grave desfertilización e alteración da estructura do solo afectado

Despois de avisar a dirección de obra de Medio Rural, persoal próximo a empresa contratada manifestou o seu profundo malestar pola delacción de SOS Courel.

Foto de Febreiro de 2010

Sem comentários:

Enviar um comentário